O vicepresidente segundo e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, asistiu hoxe á Universidade de Vigo para presentar un novo proxecto de colaboración das dúas entidades. Calvo e o reitor da Uvigo, Manuel Reigosa, anunciaron a creación da cátedra institucional de Bo Goberno Local a modernización do marco lexislativo local de Galicia.
A XUNTA E A UNIVERSIDADE DE VIGO UNEN FORZAS PARA MELLORAR A XESTIÓN PÚBLICA LOCAL GALEGA COA CREACIÓN DA CÁTEDRA INSTITUCIONAL DE BO GOBERNO LOCAL

