Ana Peleteiro renuncia aos Xogos de Río

Unha lesión obriga a Ana Peleteiro a renunciar ao seu soño de clasificarse por primeira vez para a gran cita dos Xogos Olímpicos de Río de Janeiro. A triplista ribeirense explicou que tomou a decisión de dar por concluida a temporada ao ser incapaz de recuperarse das molestias físicas que a acompañaron durante un curso no que incluso tomou a decisión de instalarse en Lisboa para traballar baixo as ordes de Nelson Évora buscando así a mínima que se lle esixe para estar na competición de triple salto en Río de Janeiro.

Segundo anunciou a través das súas contas nas redes sociais, tras o seu paso polos Xogos do Mediterráneo comezou a sentir unha dor na parte interna do talón que lle impedía competir en plenitude.

Tamén admite que nunca pensou que isto podería suceder, xa que entrenou duro e arriscou.

Con 20 anos é unha das grandes promesas do atletismo español e, nestes momentos, só pensa en recuperarse e volver pronto á alta competición. Mentres tanto, o seu soño deberá esperar.

https://www.youtube.com/watch?v=KvPFOCjAzYE

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.