As axencias de viaxes agardan realizar unha boa campaña de verán

Tras uns anos de aforro nos fogares as ventas de viaxes recupéranse da caída sufrida nos anos anteriores, a recuperación iniciada xa o pasado ano continúa a un ritmo estable. O presidente da Confederación Española de Axencias de Viaxes , Rafael Gallego, indicou que o sector agarda o incremento das ventas de entre un 12% e un 15% este verán en relación ó mesmo periodo do pasado ano. Na Comarca a recuperación tamén é palpable, as axencias traballan a bo ritmo, os destinos que prefire os barbanzás son as illas españolas e Portugal.
En relación ó verán do 2015 as ventas van a un ritmo similar, se ben cambian algúns destinos.

As familias da comarca tratan de adaptar as vacacións ó seu presuposto, buscan viaxes longos reducindo costes en aloxamento.

As illas Baleares está a ser un destino que despunta este ano, porén a maior parte das camas xa están reservadas por cidadáns de toda Europa. Sen embargo, Túnez, que era un dos destinos preferidos polos barbanzás pasou a un segundo plano.
Tampouco se demanda Brasil, o zika, levantou o medo entre os viaxeiros,a xente prefire viaxar a lugares que ve máis seguros.

Cuba convertiuse nun dos destinos máis de mandados nos últimos meses.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.