O BNG pobrense insta a mellorar o acceso a información sobre a vila

O Bloque Nacionalista Galego de A Pobra do Caramiñal presentará na vindeira sesión plenaria unha moción co fin de establecer paneis informativos en diversos lugares do Concello.

Pretenden así facilitar o acceso á información acercándoo a veciños e veciñas que non teñen acceso a Internet ou padecen problemas de mobilidade. No Concello da Pobra, ademais dos dispoñibles na casa consistorial, só existe un panel informativo nos Xardíns de Valle Inclán. Dende o BNG consideran importante dispoñer de paneis informativos tamén nas parroquias e lugares máis afastados do centro da vila para dar cumprimento e efectividade ao acceso á información. Non se trata só de informar sobre temas culturais, senón tamén expoñer calquera información relacionada coa xestión municipal, ou con convocatorias do propio Goberno Municipal, así como dos grupos políticos.

Ademais, sinalan que sería aconsellable dotar ao teatro Elma dun panel onde se sitúe a programación cultural que se desenvolva nel.

Tal e como apuntan, o dereito a ser informados é o piar básico da participación e da transparencia.

Unha medida coa que tentan mellorar o acceso á información por parte da cidadanía sobre asuntos e procesos que se levan a cabo no Concello.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.