Sin categoría

Feijoo apela ó «sentimento común europeo» no acto de entrega das Medallas Castelao

O presidente da Xunta Alberto Núñez Feijoo entregou esta tarde as medallas Castelao ó coro Cántigas da Terra, o escritor e político Alfredo Conde Cid, o arquitecto, urbanista e ex alcalde de Santiago Xerardo Estévez Fernández, a bioquímica e neurocientífica María Teresa Miras Portugal, e o presidente da Federación Guipuzcoana de Casas Regionales, Xosé Antonio Vilaboa Barreiro .

Feijoo comezaba a súa intervención apuntando que nos atopamos en Europa, convocados por un galardón que leva o nome dun gran europeo, para premiar catro europeos e unha institución europea. Apelou ás orixes da Unión Europea como un sentimento común que comparten os peregrinos a Santiago e que transcende a pluralidade de linguas. A praza do Obradoiro é probablemente o primeiro Parlamento de Europa, afirmou.

Feijóo apeló ás identidades fraternas que citaba o pensador Amin Maalouf, as do coro Cantigas da Terra que cumpre cen anos de existencia.

O presidente Galego destacou que a obra de Alfredo Conde Cid é unha achega fundamental á moderna literatura europea.

De Xerardo Estévez Fernández destacou a súa influencia en gran parte da moderna Compostela. Unha cidade modelada con consenso e democracia.

Salir de la versión móvil