Unha das grandes firmas conserveiras de Galicia, Jealsa, vén de publicar cinco receitas a través das que animar á xente a coidarse ao longo do verán. A firma boirense recorda que a chegada do coronavirus mudou numerosos aspectos da vida, incluíndo os hábitos alimenticios. Jealsa apunta que o 65% dos españois recoñecen habelos cambiados, entre os cales o 52% recoñecen que o fixeron a uns pouco saudables.
Por isto a empresa conserveira propón varios pratos para comer fresco e saudable no verán nos que o atún é protagonista. Unha delas son as tostadas con atún, aguacate e tomate para o que se precisa pan integral, tomate, aguacate, unha lata de atún rianxeira, sal e pementa.
O segundo trátase de tacos vexetais con atún e maionesa, para o que Jealsa recomenda usar tortillas de millo, votes verdes de leituga, tomate, tres latas de atún claro Rianxeira, maionesa e cebola.
Outra das recomendacións é a ensalada de arroz con atún. A súa receita estaría formada por unha lata de atún claro Rianxeira, arroz cocido, tomate, papaia, baias de goji, cebola, sementes de chía, aceite, vinagre balsámico e salsa de soja.
Tamén aposta polas berenxena recheas de atún, para o que sería necesario berenxenas, atún claro Rianxeira, pemento vermello e verde, cebola vermella e calabacín.
E por último propoñen crepes frías de atún con queixo e salsa de pementos. A receita estaría formada por unha lata de atún claro Rianxeira, crema de queixo, dous pementos vermellos, cebola e leituga.

