Adeus a José Fajardo Mariño

Boiro despediu hoxe ó empresario José Fajardo Mariño, que falecía o luns ós 89 anos. Máis coñecido como «Chicolino», José Fajardo foi o fundador da empresa de restauración Chicolino, e pai dunha saga de empresarios de éxito en distintas áreas.
Emigrou a América cos seus pais cando contaba soio con dous anos de idade, voltou a Abanqueiro unha década despois, de mozo dedicouse á mariña mercante viaxando polo mundo. José Fajardo iniciaba a súa aventura empresarial nos anos 60 cun pequeno ultramarinos que logo converteu en restaurante, e finalmente no que sería o salón de vodas máis coñecido de toda a comarca, con sona en toda Galicia.
Unha persoa boa e xenerosa, que deixa en Boiro unha gran pegada. Centos de veciños e amigos acompañaron á familia no funeral oficiado na Igrexa San Cristovo de Abanqueiro.

https://www.youtube.com/watch?v=lb8BYtDUmiQ

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.