Icono del sitio CanalBarbanza.com

O PRESIDENTE DA XUNTA RESALTOU QUE O GOBERNO GALEGO IMPULSA CON 10 MILLÓNS DE EUROS O DESENVOLVEMENTO DE CENTROS DE INVESTIGACIÓN EMPRESARIAL.

O titular do Goberno galego, Alfonso Rueda, visitou esta mañá as instalacións da empresa Aluminios Cortizo e nese lugar destacou que a firma con sede en Padrón está a desenvolver un proxecto pioneiro e punteiro no sector coa creación do Campus Tecnolóxico Cortizo, que contará co apoio da Xuta. Nesa liña, Rueda recordou que a Xunta está impulsando con 10 millóns de euros o desenvolvemento dos Centros de Investigación Empresarial para fortalecer o tecido innovador e captar investimentos.

Salir de la versión móvil