jueves, septiembre 21, 2023

5 usuarios do centro de Día de Porto do Son foron atendidos no hospital tras sufrir un accidente esta mañá en Carballosa.

O microbus que transportaba ós maiores ata o centro de Día de Porto do Son sufriu un accidente en Carballosa ás 9:30 da mañá. Ó parecer o conductor do vehículo cegouse co sol perdendo o control do microbus, saíndose da calzada pola marxe esquerda. A furgoneta quedaba parada nunha finca tras colisionar contra unhas árbores. A consecuencia do sinistro os cinco pasaxeiros do microbus eran trasladados ata o hospital da Barbanza por precaución con diversas contusións e molestias, pero aparentemente sen lesións de importancia. Así o explicou o conductor que permaneceu no lugar ata a chegada da Garda Cicil que se encargou de levantar o atestado.
Os ocupantes do vehículo que se dirixían ó centro de día de Porto do Son atópanse en bo estado.

https://www.youtube.com/watch?v=Yr8YzFkt6yU

Related Posts

Load More Posts Loading...No More Posts.