Jealsa inaugura unha nova edición Campus Obradoiro CAB – Barbanza

Esta mesma mañá inaugurouse en Boiro un obradoiro deportivo de baloncesto para rapaces e rapazas dos 6 aos 17 anos. Trátase dunha iniciativa que se repite ano tras ano debido á boa acollida que sempre ten. De feito, nesta ocasión contan con 105 persoas inscritas.
Os participantes están agrupados en distintas categorías segundo a súa idade. Ademais, en todo momento contan coa supervisión de monitores.

A iniciativa tenta fomentar o deporte entre os máis novos, así como inculcar valores como o do traballo en equipo e o da axuda, entre outros.

Un proxecto que conta co patrocinio de Jealsa, que xa colabora dende fai anos en liñas deste senso co Concello de Boiro.

A súa duración será dunha semana en horario de mañá e de tarde e as actividades realizaranse en recintos pechados e en outros ao aire libre.

Tamén se inclúe unha ruta en catamarán para percorrer a costa.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.