Os alumnos dos campamentos de verán que se están a desenvolver no CEIP O Grupo, en Ribeira, contaron hoxe cunha xornada diferente xa que estivo protagonizada polos produtos do mar. A campaña “Ti si que es un bo peixe”, impulsada pola Consellería do Mar, fixo unha parada en Ribeira para achegar aos máis novos os beneficios e a importancia de consumir peixe e marisco.
A CAMPAÑA “TI SI QUE ES UN BO PEIXE” CHEGOU A RIBEIRA

