Os mariscadores de Aguiño non atopan saída ó conflicto do Carreiro

Mariscadores de Aguiño fondearon esta mañá no Carreiro evitando unha vez máis que os navalleiros de Ribeira puideran traballar, a situación xerada pola titularidade do banco marisqueiro non acaba de arranxarse, esta mañá a garda civil acudiu á zona, por mar cunha lancha e por terra, con catro coches patrulla.

O Patrón Maior de Aguiño explicou que unha das patrullas veu para facer unha inspección da lancha de vixilancia da cofradía.

Así e todo, en Aguiño, consideránse presionados polas protestas que realizan.

A festa do percebe é unha das sacrificadas neste conflicto, os percebeiros de Aguiño, non están para festas, e decidiron suspender este ano a celebración. Agardan poder realizala o vindero ano, cando as cousas se normalicen.

O xefe do pósito aguiñense explicou que decidirán en conxunto que medidas tomar.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.