A II Edición da Romaría pola Diversidade causou sensación en Ribeira

A Romaría pola Diversidade, organizada pola asociación AMBAR, celebrouse por segundo ano consecutivo en Ribeira.

A cita comezou a primeira hora da mañá coa Carreira pola Diversidade. Nela participaron ao redor dun centanar e medio de corredores de tódalas idades. Na competición compartían asfalto atletas en silla de rodas, a pé ou en handbike, bicicletas propulsadas coas mans. Na categoría zapatilla chegou primeiro Javier Regueiro; en silla, Álvaro Illobre e Nuria López; e en handbike, Álex Ferradás e Milagros López Vernet.

Tamén se procedeu á realización dun sorteo no que se atopaban bicicletas infantiles, mp3, unha clase de surf, paquetes de libros, camisetas e moito máis.

O vento dificultou a carreira e obrigou á organización a trasladar algunhas das actividades previstas ao aire libre ao interior da carpa instalada na explanada do CIFP Coroso. Alí os asistentes compartiron xogos, actuacións e actividades.

Máis dunha vintena de membros da asociación participaron na organización do evento, os cales contaron coa axuda de voluntarios de Golfiños.

Unha cita na que desfrutaron todos os asistentes.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.