Icono del sitio CanalBarbanza.com

A XUNTA SOLICITA UN INFORME INDEPENDENTE PARA REFORZAR A SÚA DEMANDA DE TRANSFERENCIA INMEDIATA DAS COMPETENCIAS DE XESTIÓN DO DOMINIMO PÚBLICO MARÍTIMO-TERRESTRE

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, mantivo onte un encontro con representantes da Confederación Mar-Industria Alimentaria no que lles trasladou que o Executivo galego vai solicitar un informe independente ao Consello Consultivo de Galicia para reforzar a súa demanda ao Estado de transferencia inmediata das competencias de xestión do dominio público marítimo-terrestre en territorio galego.
Nesa reunión, na que estivo acompañado pola conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, e pola conselleira do Mar, Rosa Quintana, asegurou que os servizos xurídicos da comunidade entenden que se pode facer esa transferencia sen necesidade de reformar o Estatuto de Autonomía de Galicia. Por tanto, podería executarse vía decreto ou como lei orgánica. Criticaron a actitude do goberno con respeto ás consecuencias que pode ter.
Salir de la versión móvil