Sin categoría

Entrega dos premios do III concurso de Poesía organizado polo Centro Recreativo de Artes

O Centro Recreativo de Artes entregou este fin de semana os seus premios do III concurso de Poesía. Os galardóns repártense en tres categorías. A primeira está formada por autores de 9 a 11 anos. O primeiro premio foi para «A rosa» de Elena Gago Álvarez; o segundo foi para «Árbore branca» de Alberto Suárez Olveira; e, o terceiro recaeu en «Os mariñeiros» de Andrea Martínez Pinaza. Na segunda categoría participaron rapaces e rapazas de entre 12 e 14 anos. «O que sinto por ti» de Laura Santos Bouzas levouse o primeiro posto; seguido de «Fálame dos meus devanceiros» de Gemma Alfonsín Crugeiras; e, en terceiro lugar quedou «Morriña» de Rut Alfonsín Crugeiras. Mais tamén se lle fixo unha mención especial ao poema «Vive a vida» de Alba Vázquez Folgar. A terceira e última categoría conformárona autores de 15 a 17 anos. O primeiro premio foi parar a Pablo Pardavila Romero por «Petercampaiñear», mentres que o segundo foi para Adrián Pego Crugeiras por «O mar».

Tamén se fixo referencia a Antonio Martínez Roibal. Dous dos seus poemas, «Riveira na memoria» e «Cousas en verso», están incluídos no libriño editado polo Centro Recreativo de Artes e o Concello de Ribeira.

O xurado encargado de outorgar os galardóns estaba composto por Alicia Padín, José Antonio Otero Sobrido e, actuando como secretaria, María Fernández Lampón. Así mesmo, estiveron presentes o alcalde de Ribeira, Manuel Ruiz Rivas; a concelleira de Cultura, Fabiola García; o concelleiro de Deportes, Anxo Orellán; e, o presidente do Centro Recreativo de Artes, Manuel Reiriz Dios.

A cita foi amenizada pola agrupación musical A Misela de Noia.

Salir de la versión móvil