A COMARCA DO BARBANZA RENDIU HOMENAXE A MIGUEL ÁNGEL BLANCO, ASASINADO FAI 25 ANOS POR ETA.

A corporación municipal dos concellos da comarca do Barbanza gardaron este mércores ás 12 horas un minuto de silencio, no caso de Ribeira 5, polos 25 anos do asasinato do concelleiro do Partido Popular en Ermua Miguel Ángel Blanco.
O 10 de xullo de 1997, os terroristas pertencentes ao comando Donosti de ETA, Francisco Javier García Gaztelu, alias ‘Txapote’, Irantzu Gallastegui Sodupe, ‘Amaia’, e José Luis Geresta Mujika, ‘Oker’ ou ‘Ttotto’, levaron a cabo o secuestro do que era por entón concelleiro do Partido Popular en Ermua, Miguel Ángel Blanco.
A emisora Egin Irratia chamou á sede do PP de Bilbao para informarlles de que recibiran unha chamada da banda terrorista na que lles aseguraban que se Goberno de José María Aznar non aceiraba aos presos de ETA aos cárceres do País Vasco, levarían a cabo a execución de Miguel Ángel Blanco.
Finalmente, tras ter retido durante 48 horas ao concelleiro e ao non conseguir as súas esixencias, os terroristas introducírono no maleteiro dun coche e levárono a un bosque de Lasarte-Oria (Guipúscoa) para acabar coa súa vida.
Salir de la versión móvil