O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, asistiu hoxe á presentación do Club de Produto Galicia Destino Sostible que se desenvolveu no restaurante Culler de Pau de O Grove. Nese escenario o titular do Goberno galego resaltou a aposta da Xunta por afianzar á Comunidade como un referente no turismo sostible para o que se está a impulsar, en colaboración co Clúster Turismo de Galicia, este club. Trátase dunha iniciativa que permitirá integrar toda a oferta turística deste tipo que hai no territorio galego e mellorará a competitividade da Comunidade neste eido.
RUEDA RESALTA A COLABORACIÓN ENTRE A XUNTA E O CLUSTER DE TURISMO PARA CREAR O CLUB DE PRODUTO GALICIA DESTINO SOSTIBLE E CONSOLIDAR Á COMUNIDADE COMO UN REFERENTE

