Icono del sitio CanalBarbanza.com

CHISPETRÉN, ORIÓN E GALOPÍN FIXÉRONSE COA XI REGATA CONGALSA A PROBA FOI ORGANIZADA POLO CLUB NÁUTICO DEPORTIVO DE RIVEIRA

Esta fin de semana tivo lugar a XI Regata Congalsa en augas ribeirenses. Unha vintena de embarcacións trazaron a volta a Sálvora, en sentido de sur a norte, aproveitando o 180 no eixo do vento, é dicir, sur cravado, con 6 nós na saída.
Na clase Regata o vencedor desta XI Regata Congalsa foi o Chispetrén, de Jesús Iglesias, do Club Náutico Arousa Norte, con Ziralla Primeiro, de Ramón Barreiro, do Ro Yacht Club, na segunda praza, sendo o bronce para o Leonciño, de Pablo Mallo, do Club Náutico e Deportivo de Riveira.
En Cruceiro/Regata o posto dourado do podio foi para o Orión, de Alberto Pérez, do Monte Real Club de Iates de Bayona, seguido do Cámping Ría de Arousa, de José Manuel Pombar, do Club Náutico Arousa Norte. Terceiro, nesta División, foi o Cinco Illas Albariño, de Iñaki Carbajo, do Club Náutico Beluso.
Nos Cruceiro levou o triunfo o Galopín, de Manuel Franco, do Club anfitrión, o Náutico de Riveira, grímpola que tamén defendeu o segundo clasificado que foi o Arousa VI, de José Luís Torres Colomer, indo para o Club Náutico de Rianxo a terceira praza, a través do seu representante Gerardo Sánchez, ao temón do Orlando.
A entrega de premios celebrouse ás sete da tarde nas instalacións do Club Náutico e Deportivo, en presenza do Alcalde de Riveira, Manuel Ruiz; a Responsable de Relacións Externas de Congalsa, Isabel Canas; o presidente da entidade social e deportiva, José Luís Torres Colomer, acompañado dos seus directivos. Tamén estiveron presentes diferentes autoridades e concelleiros de Ribeira e demais entidades.
Salir de la versión móvil