A Pobra do Caramiñal xa conta con tres puntos de compostaxe comunitaria situados na zona do Castelo (entre o edificio de usos náuticos e as pistas deportivas), do Caramiñal (a carón das pistas de Raquel Fernández Soler) e en Venecia (na contorna do paseo da Xunqueira).Está dirixido a persoas residentes en edificios e vivendas unifamiliares sen terreo, despois de que se completasen as tres campañas de autocompostaxe que se traduciron no repartimento de 160 depósitos a particulares. A forma de participar é moi sinxela.
A POBRA CONTA CON TRES ESPAZOS DE COMPOSTAXE COMUNITARIA. EN TOTAL DARÁN SERVIZO A 75 FAMILIAS

