O vicepresidente do Banco Central Europeo (BCE), Luís de Guindos, sinalou este luns que prevé unha subida dos tipos de interese na zona do euro en xullo dun cuarto de punto.
Con motivo da conferencia financeira Frankfurt Euro Finance Summit, de Guindos lembrou que a institución bancaria xa anunciou a súa «intención de subir os tipos de referencia do BCE en 25 puntos básicos na reunión de política monetaria do 21 de xullo» e de volver incrementalos en setembro. Isto, entre outras moitas consecuencias provocará un aumento nos prezos da hipotecas. Os veciños do Barbanza creen que deixarán de pedirse.

