Sin categoría

A feira do libro abre en Ribeira co humor de Quico Cadaval

Co pregón inaugural de Quico Cadaval abriu esta mañá a segunda edición da Feira do Libro de Ribeira: un evento situado na praza do Concello que se desenvolverá entre hoxe e este domingo. Co humor que o caracteriza, o actor ribeirense relatou varias historias que sacaron máis dunha carcaxada ós presentes.

O vicepresidente da Federación Galega de Libreiros de Galicia, Xosé Antón Pedreira, ofreceu as palabras introdutorias antes do extenso pregón no que o artista riveirense realizou co seu fondo sentido do humor evocacións ás súas experiencias da infancia, sempre co libro como protagonista.

A feira conta coa participación de seis librerías (dous máis que o ano pasado) chegadas de A Estrada, Santiago, Vigo e A Pobra, unha área infantil e un amplo programa de actividades complementarias (obradoiros, contacontos, presentacións literarias…).
Quen se pase polo evento beneficiarase do 10% de desconto nos libros que merque.O alcalde Manuel Ruiz, a edil de Cultura Fabiola García, o xefe territorial de Cultura da Xunta, Manuel Varela e a vicepresidenta da Deputación Goretti Sanmartín foron dos primeiros visitantes que tiveron os libreiros nada máis abrior as portas a feira.

O grupo Tahume de Olveira, pechou o acto co himno galego.

Salir de la versión móvil