15.1 C
Chicago
24 octubre, 2026

A CASA DA CULTURA DA POBRA ALBERGA UNHA NOVA EXPOSICIÓN.

A Real Academia Galega define a fraxilidade como calidade de fráxil, que se parte e quebra con facilidade ou que ten pouca resistencia. Esta palabra foi a escollida por Manuel Rodríguez Varela para nomear á súa colección de 22 cadros na que amosa o que significa para el a Fraxilidade. Na mostra, Rodríguez reflexiona sobre esta condición que se pode atopar en moitos aspectos da vida e afonda nela a través da xuventude, do mar, da natureza ou da beleza.
Esta vintena de cadros está exposta na casa de cultura Raquel Fernández Soler, na Pobra do Caramiñal, onde se pode contemplar esta interpretación da Fraxilidade de Manuel Rodríguez de luns a venres de 11.00 a 13.30 e de 19.00 a 21.00 horas.
A concelleira de Cultura pobrense, Patricia Lojo, sinala que a través destes cadros transmítese a necesidade de valorar o cotiá e a importancia de amosas a verdadeira esencia das persoas. Tamén reafirmou o compromiso do Goberno local por apoiar o talento e a arte.

Related posts

O CONCELLO DA POBRA DO CARAMIÑAL PON EN MARCHA A DÉCIMA EDICIÓN DO CONCURSO FOTOGRÁFICO DE MICOLOXÍA

CloudyX

VISITA DO AMAS DE CASA DE RIBEIRA A CONGALSA

CloudyX

PSOE E VECIÑOS PECHAN A PORTA A RENEGOCIAR O PACTO EN A POBRA

CloudyX