Tres días de absoluto triunfo e éxito para a primeira edición da Feira Náutica do Freixo, Desde o venres ata o domingo numerosas persoas achegáronse a Outes para visitar unha celebración única en todo Galicia. A gran variedade de postos, así como diferentes obradoiros, conferencias e outro tipo de actividades, fixeron que foran moitos os cidadáns da contorna os que acudiran sobre todo para sumerxirse no ámbito laboral do sector do mar.
ÉXITO ROTUNDO NA PRIMEIRA FEIRA NÁUTICA DO FREIXO

