O Concello da Pobra e o Centro Sociocomunitario poñen en marcha novos programas de envellecemento activo

Apenas acaban de rematar os programas de envellecemento activo na Pobra do caramiñal e o Concello e o centro Sociocomunitario xa están a elaborar a nova programación para mellorar a calidade de vida dos maiores. A gran demanda que obtiveron os cursos finalizados e a satisfacción lograda polos participantes fixo pensar ó executivo pobrense na necesidade de continuar con este tipo de talleres dirixidos ós maiores.

Ata o 15 de xullo teñen tempo para anotarse nos obradoiros de musicoterapia e risoterapia, os cales se recomendan para mellorar o estado de ánimo, a socialización e a axilidade.

O taller de risoterapia desenvolverase en 15 sesións, a partir do 9 de setembro en horario de 18:30 a 20:30, e o taller de musicoterapia comeza o 22 de setembro en horario de 19:00 a 20:30.

O taller de musicoterapia será impartido por Ignacio Crespo, profesional de recoñecido prestixio, a cruz vermella encargarase de impartir o de risoterapia. Ambos talleres son gratuitos, contan cunha achega da Deputación da Coruña e a colaboración do Concello da Pobra.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.