A Escola Oficial Náutico Pesqueira de Ribeira foi o lugar escollido para presentar o proxecto de renovación da estrada AC-305. Na exposición estivo presente a conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, que definiu a actuación como ambiciosa, integral e transformadora. Está enmarcada no proxecto chamado “Da estrada á rúa” que a Xunta desenvolverá da man da Fundación RIA.
A VINDEIRA PRIMAVERA INICIARANSE AS OBRAS PARA TRANSFORMAR A AC-305 AO SEU PASO POR PALMEIRA

