28 de Xuño cerimonia de entrega Medallas Castelao

O 28 de Xuño entréganse en Santiago de Compostela as medallas Castelao. O Consello da Xunta aprobou o decreto polo que se concede a distinción a aqueles galegos e galegas cuxa obra sexa merecedora de recoñecemento en calquera faceta da actividade humana.
Esta insignia foi creada o 28 de xuño de 1984 con motivo do retorno a Galicia dos restos de Castelao .
Este ano son merecedores deste galardón, coro Cántigas da Terra, o escritor e político Alfredo Conde Cid, o arquitecto, urbanista e ex alcalde de Santiago Xerardo Estévez Fernández, a bioquímica e neurocientífica María Teresa Miras Portugal, e o presidente da Federación Guipuzcoana de Casas Regionales, Xosé Antonio Vilaboa Barreiro son os galardoados este ano coa Medalla Castelao 2016.

O coro Cántigas da Terra fundado en 1916, ve recoñecida a súa traxectoria cando cumpre un século de existencia, durante a que recolleu, arquivou e divulgou todas as manifestacións folclóricas galegas.
As súas actuacións non se limitaron a Europa: Cántigas da Terra tamén chegou ata Bos Aires e Recife, en Brasil. Ter amosado polo mundo enteiro a riqueza do noso patrimonio histórico, artístico e cultural válelle a este coro esta merecida distinción.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.