O Consello da Xunta autorizou hoxe xoves a sinatura dun convenio de colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio e o Concello de Lousame para instalar un sistema de saneamento e depuración de augas nos lugares de Filgueira, Seixido e Servia. O proxecto conta cun orzamento de 200.000 euros e as obras serán licitadas este mesmo ano.
Este convenio é froito das xestións mantidas pola alcaldesa de Lousame, Teresa Villaverde, diante da Xunta de Galicia. A última o pasado mes de maio cunha reunión coa conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, Beatriz Mato, que serviu para ultimar o convenio que hoxe foi aprobado no Consello da Xunta.
https://www.youtube.com/watch?v=p2qRfSQNeFA