Herbas de San Xoán, lume e auga, para apartar os malos espíritus

Tal e como manda a tradicción os veciños da comarca lavarán mañá a faciana coas herbas de San Xoán. Segundo a tradición e crenzas populares a auga destas sete herbas deixadas ao orballo na noite de San Xoán posúe propiedades máxicas e espanta os malos espíritos. Tamén existe a crenza de que as herbas protexen a casa contra as meigas, colocando ramallos de flores nas lumieiras portas e fiestras. Fiuncho, fento, codeso, abeloura, malva, romeu ou herba luisa, recollidas na véspera de san xoán e postas en remollo ó solpor.

A orixe desta tradicción xa se foi esquecendo, pero todavía se cree no seu poder milagreiro.

As orixes remóntanse ás celebracións pagás do solsticio de verán. E tradicción é tamén saltar a fogueira, pero para iso primeiro hai que facela. A xente traballa arreo durante a tarde para levantar as cacharelas que alumearán a noite de san xoán, se a chuvia o permite. Espantar as bruxas, e os malos espíritos, pra comezar renovado este verán.

https://www.youtube.com/watch?v=98e_b-hrhoA

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.