O Consello de Ministros aprobou este luns en segunda volta despois dun duro enfrontamento entre os socios de Goberno, a ‘lei Trans’. A nova medida permite a autodeterminación da identidade xénero a partir dos 16 anos e incorpora sancións por prohibir a entrada a un bar ou unha piscina, ou por non alugar un piso a unha persoa pola súa orientación sexual ou identidade. Os veciños da comarca ven con bos ollos que a partir dos 16 anos as persoas poidan elixir o seu xénero sen consulta.
O GOBERNO DA LUZ VERDE Á “LEI TRANS”. A MEDIDA PERMITIRÁ A AUTODETERMINACIÓN DE XÉNERO DESDE OS 16 ANOS.

