Icono del sitio CanalBarbanza.com

O OBSERVATORIO GALEGO LGTBI AVOGA POR UNHA GALICIA ACOLLEDORA DA DIVERSIDADE QUE SIGA AVANZANDO CARA O RESPECTO E A AMPLIACIÓN DOS DEREITOS DO COLECTIVO

A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, presidiu hoxe en Santiago de Compostela unha sesión plenaria do Observatorio Galego contra a Discriminación por Orientación Sexual e Identidade de Xénero. Na mesma aprobouse unha declaración institucional con motivo do Día Internacional do Orgullo LGTBI na que se avoga por unha Galicia máis acolledora da diversidade en todas as súas posibles manifestacións e na que os integrantes do Observatorio se comprometen a seguir traballando para avanzar no respecto e na ampliación dos dereitos do colectivo LGTBI.

Salir de la versión móvil