Falece unha muller na praia de Tanxil

Ao redor da unha da tarde, unha muller morreu na praia rianxeira de Tanxil. Esta respondía ás iniciais J.R.P. e tiña 83 anos. Segundo unha testemuña dos feitos, a octoxenaria atopábase na beira do mar refrescándose xunto ao seu marido cando de súpeto comezou a sentirse indisposta.

No areal atopábase unha famacéutica quen, xunto con outros bañistas, fixeron todo o posible por reanimala. Cando chegaron os médicos do centro de saúde de Rianxo tan só puideron certificar a súa defunción por causas naturais. Ás 14:20 da tarde procedeuse xudicialmente ao levantamento do cadáver.

O home da falecida tamén precisou atención e propocionáronlle unha pastilla debido ao impacto do sucedido e aos problemas cardíacos que padece.

O matrimonio era natural de Rianxo. Aínda que estiveron durante moitos anos vivindo en Vitoria, finalmente decidiran regresar á localidade.

https://www.youtube.com/watch?v=45CUp0uqcng

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.