Atropelo no paseo rianxeiro da Ribeira

Un peatón foi atropelado esta mesma mañá no paseo da Ribeira, en Rianxo. O suceso tivo lugar ao redor das doce da mañá cando un vehículo que estaba dando marcha atrás na parada de bus impactou contra un viandante. Este dispoñíase a cruzar para entrar no seu automóbil que estaba estacionado ao outro lado da rúa.
O home, duns 50 anos e camioneiro de profesión, queixábase dunha forte dor na zona lumbar. Ao parecer, facía pouco sometérase a unha operación nas cervicais. A vítima foi trasladada nunha ambulancia medicalizada a Santiago sen aparentes feridas de gravidade.
Tanto o peatón coma a condutora do vehículo eran veciños de Rianxo.

https://www.youtube.com/watch?v=YxPY4Qtbijw

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.