Os navalleiros de Aguiño maniféstanse mañá xoves en Santiago despois de impedir esta mañá que os de Ribeira faenasen no Carreiro

O conflicto xerado en torno á extracción de navalla na zona do Carreiro, en Aguiño, parece non ter fin, esta mañá os mariñeiros de Aguiño acudiron a fondear á zona antes de que o fixeran os navalleiros da cofradía de Ribeira, para evitar a extracción da navalla. Cando as embarcacións de Ribeira chegaron atopáronse con medio cento de embarcacións fondeadas na zona, polo que non puideron traballar. A situación resolveuse sen incidentes, e coa presencia da Garda Civil e de varias lanchas da xunta.

En Aguiño entenden que a culpa é da Consellería do Mar, a causa das medicións feitas polo seu topógrafo, e nas que se contempla como zona de libre marisqueo unha franxa que, segundo explican dende a cofradía de Aguiño, coidaron e traballaron sempre eles.

Ante isto piden á consellería que tome cartas no asunto e evite enfrentamentos entre dúas cofradías veciñas.

O xefe do pósito Aguiñense apunta da necesidade de facer unha reordenación para evitar enfrontamentos presentes e futuros.

A cofradía de Aguiño solicitou permiso para manifestarse mañá xoves, 23 de xuño en San Caetano, ante a sede da Xunta. Tras ter desconvocado a anterior protesta co fin de chegar a un acordo, agora vense na necesidade de facelo, para que dende a Consellería reaccionen. En Aguiño fan piña, e agradecen a colaboración dos veciños.

https://www.youtube.com/watch?v=XrqTlmtNB9w

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.