Os emigrantes retornados da Barbanza manifestáronse esta mañá en Ribeira para pedir unha solución ó problema acaecido coas pensións que cobran do estranxeiro. Trátase dun problema que levan anos acarrexando, dende que comezaron a chegarlles multas por non ter declarado as pensións en España, unha situación que eles descoñecían, e da que nunca foran informados, xa que tributaban nos países de cobro. Agora non só teñen que tributar en España con carácter retroactivo, senón que ademais teñen que facer fronte ás multas que lles impoñen.
Nesta causa os emigrantes contan co apoio do BNG, que os acompañou en Ribeira. Xosé Deira, membro do BNG e candidato ó Congreso, fixo fincapé na necesidade de cambiar a lei, para igualar os pensionistas que voltaron do estranxeiro cos galegos.
De momento os emigrantes prepáranse para acudir ó contencioso contra facenda.
Mentres a situación continúe, os emigrantes retornados ó Barbanza continuarán manifestándose.