Como vén sendo habitual, o mes de xullo celebrarase na Pobra do Caramiñal unha nova edición da Semana do Mar. Enmarcado neses días, a Concellería de Turismo traballa nunha nova actividade que require a achega dos veciños xa que se quere reflectir a relación da Pobra co mar a través dunha exposición formada polas fotos da veciñanza.
O GOBERNO DA POBRA FAI UN CHAMAMENTO Á VECIÑANZA PARA ENXALZAR A RELACIÓN DO MAR CO MUNICIPIO A TRAVÉS DE FOTOGRAFÍAS

