Rianxo

O Concello de Rianxo como obxecto de estudo universitario

Esta mesma mañá presentouse na casa consistorial de Rianxo o convenio asinado entre a Universidade da Coruña, a Universidade de Santiago de Compostela e o propio Concello de Rianxo.

O obxectivo deste acordo é a diagnose e proposta de liñas estratéxicas e operativas para a promoción da participación e do asociacionismo de base na localidade rianxeira.

Algunhas das tarefas a desenvolver son a elaboración dun diagnóstico-mapa sobre a participación social en Rianxo, a valoración das actuais políticas municipais de promoción da participación social e, a oferta de asesoramento técnico á Alcaldía e ás áreas implicadas do concello de Rianxo sobre a realidade obxecto de estudo, no sentido de propor ou orientar.

Os coordinadores deste proxecto son José Antonio Caride Gómez, da Universidade de Santiago de Compostela, e Héctor Pose Porto, da Universidade da Coruña, acompañados polo Grupo de Investigación en Pedagoxía Social e Educación Ambiental, SEPA-Interea, de Referencia Competitiva no Sistema Universitario Galego.

O equipo está formado por un total de once persoas entre as cales se atopan oito investigadores, 4 da Universidade de Santiago de Compostela e 3 da Universidade da Coruña; unha bolseira-contratada de investigación predoutoral, un colaborador da universidade compostelá; e, un técnico municipal de Cultura, no concello de Moaña.

En canto á súa duración, este convenio está operativo dende finais de febreiro/principios de marzo e, inicialmente, ata o 30 de decembro deste ano.

https://www.youtube.com/watch?v=wJUruCPnHlg

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.