Durante o acto de entrega de premios no marco do Foro Pyme Galicia 2016, que organiza o Banco Popular e a Corporación La Voz de Galicia, Feijóo incidiu en que os cinco recoñecementos que este acto acaba de formalizar son cinco exemplos de que Galicia soubo saír da crise.
Nese sentido subliñou que na nova Galicia hai emprendedores que innovan e en ámbitos tan importantes como a saúde, como fai Health in Code; hai emprendedores que inician proxectos e se sitúan á vangarda da biotecnoloxía no seu campo, como o da veterinaria que practica Embriovet; hai emprendedores que internacionalizan os seus negocios, como Gabadi para sortear a caída que houbo nos últimos anos en Navantia e que se puido reverter; hai emprendedores que prolongan unha longa historia familiar, como a do Grupo Darlim, que vai xa pola súa segunda xeración; e hai emprendedores que se apuntalan como referentes económicos como é o caso do Grupo Aluman, despois de 42 anos no sector.Feijóo afirmou que todos os premiados poñen de manifesto que non é imprescindible acudir ás estatísticas para darse conta de que Galicia está abríndose á recuperación de forma clara.
Alberto Núñez Feijóo, constatou hoxe que se está consolidando unha nova Galicia con emprendedores que innovan e internacionalizan
Please login to join discussion