No concello de Ribeira presentáronse 121 solicitudes para realizar cacharelas de san xoán na noite de mañá

Un total de 121 solicitudes foron presentadas en prazo para a realización de cacharelas de San Xoán na noite de mañá xoves nos distintos lugares e núcleos do municipio de Riveira.

Cómpre lembrar que por regra xeral non están permitidas as fogueiras nas praias e que en zonas urbanas permitirase facer a cacharela sobre pavimentos (asfaltado, embaldosado…) sempre e cando se coloque sobre unha chapa metálica protectora ou sobre unha capa de area de polo menos 10 centímetros.

En calquera caso non se permitirá a realización de fogueiras nos areais dos espazos naturais protexidos (Parque Natural Complexo Dunar de Corrubedo e Lagoas de Carregal e Vixán e Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia LIC Complexo Húmido de Corrubedo), nin tampouco nas praias incluídas no Plan de conservación da píllara das dunas (Charadrius alexandrinus L.).

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.