Os cerqueiros da Barbanza por fin logran capturar sardiña de bo tamaño

A sardiña de bo tamaño por fin chega ás lonxas da comarca, Ribeira e Portosín subastaron hoxe varios centos de caixas de sardiña destinada na súa maior parte a Portugal e centro de España para o consumo nas fogueiras de San Xoán.

A caixa de sardiña grande vendeuse esta mañá en Portosín entre os 60 e 70 euros, un bo prezo ante a escased que provocaba a ausencia de exemplares de bo tamaño nas nosas costas. Os mariñeiros tiveron traballo abondo, ó ter que escoller o peixe para clasificalo por talla, e así vender a un mellor prezo.

Armadores e mariñeiros agardan que o prezo se siga mantendo á alza para facer unha boa campaña .

O prezo da sardiña encarécese esta semana pola alta demanda de produto e a escased de peixe de tamaño adecuado, pode chegar nestas datas a sobrepasar os 15 euros kilo.

https://www.youtube.com/watch?v=AOt3S4xY8pk

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.