O vicepresidente segundo da Xunta, Diego Calvo, o conselleiro de Medio Rural, José González, e o delegado do Goberno en Galicia, José Miñones, presidiron a reunión do Comité Integrado de Prevención de Incendios de Galicia para o 2022. O comité, que está operativo dende o 1 de xullo ata o 30 de setembro, ten como finalidade coordinar as actuacións da Xunta e do Goberno central na prevención e loita contra os incendios forestais en Galicia e anticiparse aos lumes.
A XUNTA PON EN MARCHA UN SISTEMA ESTRUTURAL DE MANDO OPERATIVO PARA MELLORAR A SEGURIDADE E EFICACIA NA EXTINCIÓN DE INCENDIOS FORESTAIS

