Muros

Os Peiraos Autonómicos Da Ría De Noia Recibiron Máis De 250 Barcos En Tránsito Durante O Mes De Xullo

Os portos de titularidade autonómica da ría de Noia recibiron 265 barcos en tránsito durante o pasado mes de xullo. Así o comunicou esta mañá o presidente do ente público responsable da xestión destas infraestruturas, Portos de Galicia, José Juan Durán, nunha visita á dársena deportiva de Portosín, que experimentou a maior subida interanual.

Segundo datos facilitados polos propios xestores, as dársenas de Portosín e Muros incrementaron nun 46% o número de embarcacións en tránsito respecto ao mesmo periodo do ano anterior. En concreto, Portosín experimentou a maior subida, de máis do 200% ao pasar de 26 a 80 barcos foráneos. Polo que respecta a Muros, os tránsitos do mes de xullo pasaron de 155 en 2013 a 185 este ano.

http://youtu.be/8S8KcCGvpLg

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.