Adeus á selectividade tras 40 anos, a proba que durante décadas fixo sudar a milleiros de estudantes despídese este ano para dar paso á reválida, tal e como prevé a LOMCE. A selectividade medía os coñecementos logrados no bachiller en tres días, unha proba que se facía dura e que, en moitos casos, deixaba ós alumnos sen poder estudar a carreira soñada. Pediuse a súa eliminación durante décadas, pero o que nadie agardaba e que a eliminación fose unha sustitución, por unha proba, que non só fará de baremo no acceso á universidade, senón que pode deixar sen bachiller a moitos alumnos, de non superala. Achegámonos ó IES Nº 1 de Ribeira, e falamos coa directora Pura Prado para coñecer máis de preto os pormenores deste cambio.
Por outra banda, prevense cambios no acceso á universidade, os alumnos podrían ter que examinarse por distritos.
De momento pouco se coñece sobre a reválida, se as cousas non cambian, os estudantes podrían anhelar a volta da selectividade.