Un total de 49 fotografías compoñen a mostra Marea fotográfica que se pode visitar na sala de Iconografía Contemporánea do Museo Valle-Inclán da Pobra do Caramiñal dende este mesmo 17 de xuño e ata o 12 de setembro, acompañadas de libros e noticias sobre a industria da salgadura na localidade. Esta exposición é froito do proxecto fotográfico realizado por alumnado de 4.° da ESO do IES pobrense, coordinado polas profesoras Elisa Costas e Marga Saborido, no que se fai un repaso pola historia e patrimonio mariñeiro e estrutúrase do seguinte xeito: Espazos Baleiros, Ramiro Villoch, Mariscadoras, Bateas, Nojira, Xanelas e Retratos Maiores.
A EXPOSICIÓN “MAREA FOTOGRÁFICA” PERCORRE O PATRIMONIO MARIÑEIRO DA POBRA.

