A Deputación da Coruña destina, a través do Plan Único, un total de 223.017,22 euros para mellorar a pavimentación das diferentes vías que compoñen o barrio de Labarta e o lugar do Vilar, no Concello de Noia.
O proxecto para o barrio de Labarta, valorado en 133.543,83 euros, prevé reparar o firme das diferentes rúas que compoñen esta zona de Noia. Os traballos inclúen a limpeza das vías, a pavimentación destas e o posterior marcado e pintado de vías, prazas de aparcamento e pasos de peóns. Tamén se contempla a eliminación de varias barreiras arquitectónicas.
O LUGAR DE LABARTA E O VILAR DE NOIA SERÁN OBXECTO DE MELLORAS NA PAVIMENTACIÓN

