As conselleiras de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, e do Mar, Rosa Quintana, mantiveron esta mañá en Ribeira unha reunión informativa á que asistiron medio cento de representantes municipais de concellos costeiros co fin de trasladarlles a súa inquietude #ante a negativa do Goberno central a completar o traspaso a Galicia das competencias sobre esta franxa do litoral, na que están asentadas preto de 4.000 edificacións pertencentes a 82 municipios.
A XUNTA E OS CONCELLOS COSTEIROS REÚNENSE PARA RECLAMAR A XESTIÓN EFECTIVA DAS COMPETENCIAS DO LITORAL.

