Icono del sitio CanalBarbanza.com

A CONSELLEIRA DO MAR RECIBIU EN PORTOSÍN AOS PARTICIPANTES NA TRAVESÍA NÁUTICA XACOBEA AO CHEGAR AO PORTO

A conselleira do Mar, Rosa Quintana, presidiu hoxe no Real Club Náutico de Portosín o acto de recepción dos participantes na Travesía Náutica Xacobea 2022, aos que animou a converterse en embaixadores do Camiño de Santiago por mar en todo o mundo e a difundir todos os atractivos que ofrece a costa galega. A representante do Executivo galego acudiu a recibir á expedición tras a finalización das catro escalas en peiraos galegos: Baiona, Portonovo, Ribeira e Portosín.

Salir de la versión móvil