O titular do Goberno galego, Alfonso Rueda, e o conselleiro de Educación, Román Rodríguez,visitaron esta mañá o Centro Integrado de Formación Profesional Someso, na Coruña. Na súa intervención, Rueda avanzou que Galicia segue reforzando o seu compromiso coa Formación Profesional Dual de cara ao vindeiro curso académico, co aumento nun 20% máis os ciclos e outro 25% adicional o número de prazas. E destacou a relevancia da FP Dual, que mestura o aprendizaxe teórico coa práctica en empresas.
O PRESIDENTE DA XUNTA AVANZOU HOXE QUE GALICIA REFORZA O SEU COMPROMISO COA FP DUAL.

