Os nacionalistas congregáronse na rúa peoníl de Boiro, acompañados de Xosé Luís Rivas (Mini) e das Rianxeiras da Covecha, alí presentaron a Xosé Deira ,que concorre na lista do BNG pola Coruña.
Ademais aproveitaron para animar á cidadanía a participar activamente o día 26 de Xuño nas votacións , así pediron o voto para o BNG , dando conta do seu dobre valor, por unha banda, para sacar ao PP do Goberno e por outra, para que Galicia teña VOZ PROPIA no Parlamento do Estado.
Xosé Deira destacou a necesidade de volver ó sentido primitivo da política democrática, preocupándose polas necesidades dos cidadáns e pola realidade social que se está a vivir.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.