A feira do libro chegará a Ribeira o 23 de xuño

Promovida pola Federación de Librarías de Galicia en colaboración coa Consellería de Cultura e Educación, e co apoio da Deputación Provincial da Coruña a Feira do libro chega esta semana a Ribeira.
6 librerías e unha editorial amosarán nos stands ubicados na praza do concello tódalas novidades editoriais, contarase ademais con actividades para o público infantil, como unha pequena biblioteca, obradoiros e sesións de contacontos, tamén actividades para o público en xeral, sinatura e presentacións de libros cos seus autores e autoras, agasallos e sorteos.

A programación en Ribeira dará comezo o xoves 23 co obradoiro interactivo Emoción-Arte, ás 18:00 horas. O actor e director ribeirense, Quico Cadaval, será o encargado de ler o pregón inaugural.
A calusura da Feira do libro en Ribeira realizarase co grupod e baile Tahume de Olveira.
As próximas paradas serán en Vigo (do 1 ao 10 de xullo), en Rianxo (do 21 ao 24 de xullo), na Coruña (do 1 ata o día 10 de agosto), en Viveiro (do día 12 ao 15 de agosto); en Foz (do 18 ao 21 de agosto); e, finalmente, en Monforte de Lemos (do día 24 ao 27 de agosto).

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.