Constitúese o Comité Integrado de Prevención de Incendios de Galicia (CIPIG)

Este Comité está presidido polo vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, e no que tamén participa a conselleira do Medio Rural, Ángeles Vázquez. A finalidade do Comité é coordinar as actuacións da Xunta e o Goberno central en materia de prevención e loita contra os incendios forestais na Comunidade Autónoma de Galicia.
O Pladiga 2016 mantén nos seus aspectos esenciais o dispositivo de loita contra o lume en relación con anos anteriores. O seu principal obxectivo é reducir ao mínimo posible os danos ecolóxicos, económicos e sociais producidos polos lumes forestais na nosa comunidade, dentro dos recursos dispoñibles.

As principais novidades deste plan para o 2016 teñen que ver coa ampliación a 3 anos da duración do convenio entre Medio Rural e as entidades locais para a súa participación na prevención e defensa contra os lumes e pola creación e regulación da figura das agrupacións de defensa contra incendios forestais. Trátase de promover as organizacións de voluntarios e as asociacións relacionadas co medio rural e o medio forestal e a súa implicación na defensa contra os incendios.
No Pladiga 2016 mantense o operativo humano de prevención e extinción, composto por uns 5.700 efectivos da Xunta na tempada de alto risco de lumes, reforzados por persoal do Ministerio do Interior, do Exército e dos Corpos e Forzas de Seguridade do Estado ata completar un dispositivo de máis de 7.000 efectivos.

https://www.youtube.com/watch?v=tro5peaL8mE

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.